XORNADAS DA FIN DE SEMANA
Parada en Meira para a Conferencia Norleste. O domingo 28, no pavillón polideportivo desta localidade, celebrarase a 8ª xornada. O mítico TAB do Lacón adquire desde este ano a denominación de “Memorial Xosé da Flor“, palanador meirego recentemente falecido. Excelente cartel coa silueta de Xosé.
Desde o aspecto competitivo, dicir que o pavillón de Meira é o terreo coa superficie máis favorable para que as billardas esvaren sobre o chan. Isto significa que os grandes golpeadores deberán medir a forza dos seus golpes de palán, e aquelas e aqueles con menos forza e máis precisión terán a superficie ao seu favor. Esta xornada pode marcar diferenzas importantes, non definitivas, nas clasificacións. Nas fotos de abaixo pódese apreciar o brillo do chan do pavillón de Meira, que semella máis axeitado para a práctica do Curling.
Manu Caldeiro polo chan ante a mirada do antigo Coroceiro Chousa (pavillón de Meira, 2017) |
Pavillón de Meira (2017) |
————————————————————————————————————————–
————————————————————————————————————————–
————————————————————————————————————————-
Por outra beira, está o obxectivo de converter o varado 3000 da LNB. Xa que faltan 46 para chegar a esa cifra máxica e considerando que a marca absoluta da conferencia estableceuse o ano pasado con 38, neste mesmo recinto, pódese dar o grande acontecemento. Parece difícil conseguir 46 varados, mais hai que ter en conta que o día anterior a esta xornada de Meira dispútase xornada na Conferencia Rías Baixas, en Vilaboa-Pontevedra. Daquela, se nesta Conferencia se fan, poñamos por caso, máis de 15 varados, pensamos que ao día seguinte na xornada de Meira chegarase a esa cifra histórica.
Aquel xogador ou xogadora que acade o VARADO 3000 será agasallado cunha representación en madeira do monicreque orixe do logo da LNB feito no obradoiro artesanal de J. Gándara, mestre na arte de traballar a madeira, e patrocinado por TodoLNB.
Varios modelos de traballo en madeira do mestre artesán Gándara. |
Outra marca histórica que se logrará esta fin de semana será a de chegar á xornada 500 da LNB. Tiveron que pasar 12 anos e 3 meses para acadar esta cifra fabulosa. Neste número de xornadas están encerradas moitas horas de billarda, nas que incluímos o labor de planificación e organización de cada unha delas. O esforzo de moitas persoas fixo e fai que outro deporte sexa posible en Galicia.
————————————————————————————————————————–
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
Nas Rías Baixas celebrarase a 11ª xornada en Vilaboa, o sábado 27 xaneiro, nas instalacións deportivas do CEP Plurilíngüe Riomaior. A climatoloxía indicará se a xornada se xoga en interior ou en exterior. Cousa esta que sempre condiciona o rendemento de uns e de outras. Na categoría individual absoluta a segunda e terceira praza de podio son as que poden variar nesta xornada, xa que semella que o líder continuará sendo o mesmo ao final. Na Categoría individual feminina a segunda e terceira praza de podio son as que poderían variar, aínda que non é fácil que Lu lle recupere 10 puntos a Chefa. Na categoría de Equipos a única posición que está cerca de modificarse é a cuarta praza ocupada por Rinoceronte e que Armadiña pretende conseguir. O equipo de Poio situouse a 12 puntos do equipo de Pontevedra e, vista a súa progresión, non descartamos que en Vilaboa dea o Sorpasso.