Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

PREVIA DAS PRIMEIRAS XORNADAS LNB 2018

ACTUALIDADE LNB



       Consolidando a súa estratexia de fichaxes, o equipo Lotaría, como se coñece a Lúa de Forza, despois de que o sorteo de Nadal lles fora tan propicio, fai público o principio de acordo con dúas das estrelas da LNB. Ricar, número 5 da Clasificación Histórica LNB e Collazo, número 15. Agora está nas mans dos millonarios do Salnés se contratan, xa neste mercado de xaneiro, a estas figuras mundiais da billarda ou esperan ata xuño. De todos os xeitos, non poderían xogar coas novas camisetas verdes, posto que a regulamentación LNB impídeo. Aínda que non nos estrañaría nada que  fagan públicas estas novas para desestabilizar aos equipos dominadores da Conferencia Noroeste e Rías Baixas, como son Campo da Feira e Corredoiras. 
     

PREVIA NORLESTE 
7ª XORNADA 
Castro Ribeiras de Lea
CASTRO DE REI

       Despois dunha análise profunda das puntuacións de todas as xornadas disputadas podemos tirar varias previsións. Por unha beira, diremos que 5 xogadores loitarán polo título de Conferencia (Charli, Manu Pozo, Regueiro, Daniel e Sachas). Calquera outro nome que conseguise o triunfo sería unha milagre. Ademais, tendo en conta que as distancias de puntos entre estes 5 xogadores foron moi curtas nestas 6 primeiras xornadas (a máxima diferenza nunha xornada foi de 11 ptos), consideramos que a emoción vai continuar ata o final.
       Por outra beira, as prazas de Final Nacional 2018 están tan axustadas nos últimos postos que, sen dúbida, estas posicións cambiarán nas vindeiras xornadas. Que non se alarme ninguén ao ver a Markytos fóra destes lugares, pois como actual Coroceiro Nacional 2017 ten praza directa na Final Nacional 2018.
       Na categoría de Equipos, 10 ptos separan ao segundo do primeiro clasificado e a mesma cantidade separa ao cuarto do terceiro. En definitiva, nesta temporada hai 4 equipos que loitarán tanto polo título de Conferencia como polas 3 prazas de Final Nacional 2018. Algo que non sucedeu antes na longa historia da Mai das Conferencias LNB. Fenomenal para a saúde da competición que o nivel dos palanadores e das palanadoras estea medrando cada ano.






PREVIA NORLESTE 
8ª XORNADA 
Paiosaco-A LARACHA









       Na Conferencia Noroeste os títulos Individual e de Equipos teñen un prognóstico doado a metade de temporada. Repasando polo miúdo os resultados das 7 primeiras xornadas non é un mérito acertar quen será o campión 2017-2018. Sempre e cando non suceda a desaparición da Laracha, xa anunciada nas predicións Maias, nas de Nostradamus e na do Apocalipse segundo San Xoán, Collazo repetirá título. Para acadar as últimas prazas de Final Nacional hai un puñado de xogadores que loitarán sen tregua para poder acudir a Compostela o 27 de maio. Un só punto separa a Xulio (última praza) de Carlos. Daquela, deberán coidar a saúde, xa que, non acudir a unha xornada será renunciar a estar entre os elixidos para a gloria. 
       Na categoría de Equipos, se desaparecese a Laracha e con ela os dous equipos dominadores, Campo da Feira e APB Santa Marta… pois, aínda así, habería que esperar ata maio para que algún outro equipos os superase na clasificación. A superioridade destes equipos baséase no traballo coas categorías inferiores que fixo da Comarca de Bergantiños a de maior densidade de palanadores e palanadores de toda a provincia da Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *