Mércores, Setembro 11, 2024
Sin categoría

PODIOS na LNB

       Rematada a primeira metade da temporada 2017-2018 temos as clasificacións dos podios na Categoría Individual Absoluta de todas as xornadas en cada unha das Conferencias LNB. Analizando os datos por Conferencia diremos que na Mai da LNB, Norleste, de 8 equipos que compiten, 6 deles tiveron a algún dos seus xogadores algunha vez no podio. Só Polka Miseria e Ekipa Bítere non saben o que é estar nas alturas. Na Conferencia Pai da LNB, Noroeste, todos os equipos tiveron a algún representante no podio nas primeiras 7 xornadas. Na Conferencia Benxamina, Rías Baixas, de 8 equipos en competición só un non subíu ao podio individual absoluto (si o fixo na categoría infantil). Polo tanto e en conclusión, aínda que puidese parecer outra cousa, dos bos resultados na billarda poden gozar moitas persoas. 
       Certo que a longo prazo, e nunha liga de tantas xornadas como a LNB, a regularidade é a variable que indicará quen estará nas prazas de finalista e quen non. Mais, a alegría dun instante máxico, no cal a billarda semella un boleto de lotaría e o varal o bombo do sorteo, ben vale unhas horas de fin de semana.
       Subir ao podio é difícil e máis complicado é facelo ao primeiro lugar do mesmo. Esta fazaña estivo ao alcance de 15 xogadores e 1 xogadora. Destes, 4 fixérono por vez primeira na súa traxectoria LNB. Foron David Navallo e Sachas, na Norleste, e Peque e Gerardo Torres, na Rías Baixas. Os tres primeiros son xogadores do 2016 e o último do 2013. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *