Sábado, Abril 20, 2024
Sin categoría

RESUME LNB 2017

       
Comarcas onde se xoga billarda ao xeito LNB
       Por vez primeira temos unhas táboas clasificatorias que establecen as posicións dos mellores xogadores de billarda do mundo e das mellores xogadoras de billarda do mundo. Estes datos foron recollidos das estatísticas históricas LNB, que vén sendo a mellor liga de billarda do mundo

     


       Para establecer esta clasificación mundial escóllense os criterios de valorar en primeiro lugar os títulos individuais nas Finais Nacionais e despois os títulos individuais de Conferencia. Na categoría de Equipos utilízanse os mesmos criterios que para as categorías individuais e engádese o de número de xornadas ganadas
       En definitiva, considerando estes criterios afirmamos o seguinte:
       NÚMERO 1 da LNB é MARKYTOS, de Billardeiros Musicais de Ribadeo. 
       NÚMERO 1 na categoría feminina é GENI, de Billardeiros Musicais de Ribadeo.
       NÚMERO 1 na categoría de Equipos é BILLARDEIROS MUSICAIS, de Ribadeo. 
        Estas clasificacións están actualizadas ao remate de 2017. Poden sufrir algunha modificación ao final desta temporada 2017-2018. Non obstante, tanto Markytos coma Billardeiros Musicais teñen acumulados méritos suficientes para reinar durante varias temporadas. Na categoría feminina, Lu podería alcanzar o número 1 se consigue ganar a Final Nacional esta temporada.

 

CROMOS LNB



       Un bo regalo de reis os cromos da LNB! Xa están no mercado os Cromos da LNB. Polo momento, foron editados os cromos dos números 1 de cada categoría. Se queres que o teu cromo apareza só tes que entrar no Alboio da Fama da LNB. Como se consigue isto? Ganando algún título. Se es tan humilde que non te atreves a facelo, pois intenta ganar algunha xornada LNB. Sen dúbidas, o máis grande de todos os tempos, o número 1 da LNB, é Marcos Rodríguez Rodríguez, MARKYTOS. Iniciou o seu camiño como xogador LNB no outono de 2007. Desde entón, conseguíu 4 títulos nacionais, 1 en Varados e 3 en Individual Absoluta. Vai ser difícil que alguén alcance os seus logros nos próximos anos.

               

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *