Venres, Decembro 13, 2024
Sin categoría

CRÓNICA FIN DE SEMANA NORLESTE

       A xornada 6 houbo que xogala en pavillón. Polo tanto, as diferenzas entre as puntuacións non foron tan acusadas como cando se xoga en superficie de herba, como era a do campo da Faxarda. Non puido producirse o tan anunciado SORPASO. O que si sucedeu foi que se conseguíu a puntuación máis elevada de toda a temporada na categoría de equipos e na categoría individual Pepe Vidal volveu conseguir pleno (25 ptos). O palanador de Chaínzos-Cadaval só sabe ganar con esta máxica cifra. Xa o conseguira en Bretoña na terceira xornada. Os podios das diferentes categorías quedaron deste xeito:
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
PEPE VIDALCHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI
DAVID NAVALLOTROITAS BRAVASA PONTENOVA
REGUEIROTROITAS BRAVASA PONTENOVA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
GENIBILLARDA VERDERIBADEO
PAULACHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI
LUCÍAREMOUIRELLE BULLSREMOURELLE





CATEGORÍA EQUIPOS


CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI

TROITAS BRAVASA PONTENOVA

BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO

       
        88 ptos foi a puntuación do ganador por equipos. Algo extraordinario, pois é a puntuación máis elevada da temporada, e ademais foi acadada por dous equipos, ChaínzosCadaval e Troitas Bravas. Outro dato destacado é que 3 equipos superaron os 80 ptos, algo inédito nesta conferencia, desde que se puntúa deste xeito. Finalmente, o superequipo de Ribadeo, Billardeiros Musicais, conseguíu aguantar o empuxe dos equipos da Pontenova e da Terra Chá e segue ao frente da táboa con 10 ptos de distancia sobre Carabullo. Chaínzos e Troitas Bravas acércanse aos dous primeiros e non descartan o título. O equipo troiteiro xa ten 23 xogadores vestindo a camisola brancovermella. Un éxito fantástico! No norte tamén se aposta pola produción extensiva de xogadores de billarda. Esta cifra só é superada polos dous emporios económicos das Rías Baixas, as franquicias de ARMADIÑA (28 xogadores) e de VALPAÇOS TERRA QUENTE (24). 
       O histórico campión de conferencia, Remourelle Bulls, continúa defendendo ese escudo coa fortaleza dos bois e cun rendemento moi regular. Consolídase no centro da táboa. Billarda Verde forma parte desta parte central xunto co equipo búfalo, pero a bastante distancia. Esta xornada o equipo verde puido presentar un equipo de catro integrantes, cousa que non conseguiron os dous últimos da clasificación.  Así, non lles queda máis remedio que pechar a cancela a un destes dous, e haberá empurróns, para non facelo, entre Polka Miseria e EkipaBítere.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *