|
INSOPAL (Innovador Sistema de Soporte da pancarta LNB). |
A Conferencia Noroeste segue na vangarda I+D+I. Desenvolvendo un proxecto tecnolóxico iniciado no Play Off 2017, acaban de conseguir a patente dun novo sistema para suxeitar o Logo da LNB sen necesidade de medios materiais. “Onde estea un bo recurso humano que se aparten paredes ou vallados”, afirmaba Xulio Ponte. Vemos na foto a Juan Carlos, pola esquerda, Julio Vilas, polo centro e Enrique, pola dereita, pois finalmente houbo que poñer a alguén neste lugar diestro, aínda que os primeiros borradores do proxecto establecían que o artiluxio non podía ter soporte pola dereita, só polo centro e esquerda. Agora, só esperan que a LNB acepte a implantación do INSOPAL no Play Off 2018.
A xornada 6ª xogada na Laracha volve a poñer a cada palanador e palanadora no seu sitio.
CATEGORIA ABSOLUTA | | do EQUIPO | |
1º | COLLAZO | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
2º | OSCAR PONTE | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
3º | EDU | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
| | | |
CATEGORÍA FEMININA | | do EQUIPO | |
1ª | MERCHE | APB SANTA MARTA | A LARACHA |
2ª | MARIÑA | MALPICA | MALPICA |
3ª | AURELIA | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
| | | |
CATEGORÍA INFANTIL | | do EQUIPO | |
1º | ABEL | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
2º | MARC | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
2º | FELIX | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
| | | |
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | |
| 1º | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
| 2º | APB SANTA MARTA | A LARACHA |
| 3º | MALPICA | MALPICA |
|
PODIO |
De novo, impúxose Collazo, nunha final a tres de gran nivel, pois estiveron o primeiro da xeral, Collazo, o segundo da xeral, Edu, e Oscar Ponte, que levaba dúas xornadas ganadas. O cemento do aparcadoiro da biblioteca da Laracha non dou opcións a Edu, quen non puntuou nas dúas primeiras carreiras desta final. Oscar mantívose en cabeza ao final da segunda carreira e a falta de terceira e definitiva carreira tiña na súa man a vitoria. Collazo empezou demoledor e na primeira carreira fixo un varado con ese antebrazo de diamante. Pero, na segunda non puntuou. Daquela, todo quedaba para a última carreira, na que a presión, o asfalto, o sol e, sobre todo, a proximidade de tanto libro con final predicible, fixo que o bolchevique de Paiosaco, excelente coñecedor da doutrina markxista, encontrara a novela axeitada antes que os seus dous compañeiros de equipo e rivais nesta final. Na categoría feminina, ganou Merche por diante de Mariña e Aurelia. Esta categoría estase consolidando cunha participación media de 6 mulleres, algo que non sucedera antes nesta conferencia. Igual está sucedendo na categoría infantil que cunha media de 5 está consolidando un grupo de nenos e nenas que serán o futuro do Noroeste. Ganou Abel, por diante de Marc e de Félix, nun desempate moi emocionante, pois os tres conseguiron 11 ptos na fase de grupos.
|
COLLAZO (Campo da Feira-Paiosaco) |
|
MERCHE (APB Santa Marta- A Laracha) |
|
MARIÑA (Malpica) |
|
JUAN CARLOS (Campo da Feira- Paiosaco) |
|
DILAN (APB Santa Marta- A Laracha) |
|
EDU (Campo da Feira- Paiosaco) |
|
LOIS FONTÁN (Decano da Noroeste) Filloas de Sangue- A Coruña |
A clasificación individual absoluta segue encabezada por Collazo. Edu está segundo a 34 ptos do líder, polo tanto, cremos que o obxectivo do deportivista vai ser manter o posto de podio, xa que, Lito, unha das agradables sorpresas desta temporada, situouse a 10 ptos del. Gándara, Roi e Andrade chegaron aos 90 ptos e tamén ameazan o podio. Carlos, Xulio, Dilan e Juan Carlos están en prazas de Play Off, mais están tan preto dos seus perseguidores, que deberán defendelas con madeira e pulso. Apóstolo, Oscar Ponte, Viqueira e Berdillo de seguro van ter xornadas para entrar nese lugar tan desexado.
Na categoría de equipos, cada xornada o buraco entre os dous primeiros clasificados, Campo da Feira e APB Santa Marta, e o resto dos equipos faise máis grande. Apenas, Filloas de Sangue conseguen ter 46 puntos de media por xornada, cando os dous grandes están en 77 e 57 respectivamente. 39 de media ten Malpica e 27 Cochiqueiros. Ou sexa, coas estatísticas na man o que podemos concluír é que segundo pasen as xornadas a distancia aumentará entre os dous equipos en praza Play Off e oo outros.