3ª XOR CONFERENCIA NORLESTE Bretoña-A PASTORIZA
Mañá, sábado 21, xogarase a terceira xornada da Conferencia Norleste. Será en Bretoña (A Pastoriza), pois o terreo de xogo de Vián non está acto para a práctica da billarda. Se as previsións de Meteogalicia son certas tampouco se poderá xogar na verde superficie do campo de fútbol de Bretoña, senón no liso e frío cemento do chan do pavillón, cousa que alterará o favoritismo de Carabullo. O equipo de Ponte de Outeiro ten na Pastoriza un paraíso de resultados favorables. A temporada pasada os outeiráns ganaron por equipos e en individual (Charli).
Coñecedores os seus adversarios desta particularidade, anticiparían a xornada de Bretoña no calendario para que a choiva fixese acto de presenza? Xa que, o ano pasado foi programada en abril, un mes máis propicio para a floración e “reverderación” da herba. Quen sabe?
2017, abril, Bretoña, 9ª xor 2016-2017 CARABULLO (Ponte de Outeiro) |