CONFERENCIA NOROESTE 1ª XORNADA CRÓNICA
Xa votou a andar a Conferencia Noroeste cunha participación excelente. Por enriba da media do ano pasado e, sobre todo, coa presenza de 7 mulleres e 5 nen@s. Magnífico o traballo de difusión que están facendo @s compañeir@s do Noroeste.
Unha vez que se aclararon os aspectos da puntualidade coruñesa, a xornada comezou ás 11:45, máis ou menos puntual, segundo afirmaban os coruñeses de nacemento. Superados os atrancos do clima atlántico da cidade herculina , xogadores e xogadoras empezaron a golpear a madeira co entusiasmo por todo o alto. Pouco a pouco o ánimo dalgún e dalgunha foi minguando.
Así, con este novo sistema de puntuación podemos extraer datos moi concretos como, por exemplo, que na fase de grupos só 8 xogadores entraron en algunha carreira en 2 golpes, que só un xogador entrou no primeiro golpe nunha carreira. Tod@s @s demais necesitaron tres ou catro golpes para entrar. En definitiva, un campo esixente no que certos xogadores utilizaron apoio debaixo da billarda e outros non.
Os resultados da xornada confirmaron que Collazo, o Stalin de Paiosaco, segue dominando con pulso férreo a Conferencia, e xa lle saca 7 puntos ao segundo clasificado. Unha segunda posición que ocupan Andrade e Roi, dous candidatos firmes, esta temporada, a loitarlle a supremacía ao de Campo da Feira. En canto á categoría de equipos, evidentemente o equipo de Paiosaco ganou a xornada, aínda que o APB estivo cerca dos actuais campións de Conferencia. A sorpresa agradable foi a do equipo de Malpica, que quedou por diante de dúas franquicias históricas como son Filloas e Cochikeiros. Na categoría feminina aparece como futura estrela LNB Mariña, quen con 15 anos ganou a xornada, superando nin máis nin menos que á actual campiona, Merche. Na categoría infantil, o enorme Marc empezou a consolidar a súa intención de revalidar título, sempre que Abel, Carmela, Oscar García e Felix llo permitan.
Estas foron as aliñacións dos equipos nesta primeira xornada de Eirís (A Coruña). Salientar tamén a participación do equipo da Conferencia Rías Baixas GHARABOTO. O equipo de Marín non se presentou co equipo A, pois “para ganar na Conferencia Noroeste non é necesario levar aos Top do equipo”, foron as palabras do Apalpador de Marín, tamén coñecido por Luís A. Camiña. Mais a realidade, ás veces, non se axusta ás nosas intencións e afirmacións, e esta foi unha desas ocasións.
L CAMIÑA e CHELI (GHARABOTO) |