CONFERENCIA NORLESTE 1ª XORNADA CASTROVERDE CRÓNICA
A Conferencia Mai xa está en movemento. Foi en Castroverde onde se comezou a golpear as billardas máis antigas da LNB. Todo se desenvolveu segundo o previsto pola organización de Billarda Verde, mais algo non estaba previsto: que un TroitaS BravaS, Sachas, se fixese co triunfo da xornada. Hai que destacar que despois da primeira xornada, son 4 equipos os que están a unha distancia de só 12 puntos. Será un sinal do avance das franquicias da terra Chá, será un sinal de debilidade de Ribadeo? Verémolo nas vindeiras xornadas.
Na categoría feminina, Paula foi quen de superar á supercampioa Geni. Lorena e Lucía estiveron cerca destas dúas. Presaxio de certa igualdade?
Na categoría Absoluta os favoritos situáronse en boa posición, quizais a sorpresa agradable foi a subida de Sachas ao máis alto do podio. Veremos se é quen de manterse no cume, pois aí arriba vai moito frío e só os elixidos están preparados para superar a hipotermia que produce manterse moito tempo en lugar tan alto.
Na categoría de equipos, semella que nada cambiou con relación ao ano pasado, mais as distancias reducíronse moito e quen sabe se non será presaxio dun asalto dos equipos da Chaira ás Terras da Mariña.
BILLARDEIROS MUSICAIS |
TROITAS BRAVAS |