Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

CONFERENCIA NOROESTE NO PLAY OFF 2017

    Chegáronnos imaxes que desminten as informacións aparecidas estes días pasados nas redes sociais sobre a actuación desastrosa dos xogadores e xogadora da Conferencia Noroeste. Como se pode ver nas imaxes aportadas por WIKI FILTRACIÓNS LNB xogadores da Conferencia Noroeste estiveron presentes no terceiro posto da Categoría Infantil, no primeiro posto da Categoría Feminina e no primeiro e terceiro posto da Categoría Equipos. 
       Ademais, puxémonos en contacto co comité organizativo da Conferencia vicedecana da LNB e confirmaron que van ter unha xuntanza esta fin de semana para programar a temporada 2017-2018, pois afirman con rotundidade que están traballando no programa AFP, Apoio á Formación de Palanadores e Palanadoras, co obxectivo único de levar por vez primeira a Coroza a territorio NOROESTE. Xa conseguiron o compromiso de colaboración de varias empresas do sector da Madeira e do sector Agroalimentario que van ofrecer unhas becas anuais de residentes no Billarda Centro de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo de Paiosaco. As súas palabras finais foron: Adiante co Varal! Billarda sempre… que a Coroza veña para o Noroeste!
        

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *