SEGUIMOS BUSCANDO CAUSAS POLAS CALES A COROZA SIGUE NO NORTE
Outro dos factores determinantes do baixo rendemento a nivel individual dos xogadores da Conferencia Rías Baixas foi o efecto negativo da choiva sobre o seu corpo. Pois, mentres non empezou a chover o rendemento foi fenomenal. Na Categoría Infantil, tres postos de podio, na Categoría de Equipos 2 postos de podio, na Categoría Feminina dous postos de podio.
Alguén afirma que o causante da aparición da choiva foi o trío de Xamáns que viñeron na expedición da Conferencia Norleste. Ademais temos fotos da actuación destes gurús do Norte. Vemos dúas instantáneas que confirman estas afirmacións.
![]() |
Flores en plena danza da choiva antes da Final Individual Absoluta |
![]() |
Xamáns do Norleste presenciando as Finais |