CONFERENCIA NORLESTE ANÁLISE ÚLTIMA XORNADA
REMOURELLE volverá a decidir o Campión 2017. A mítica pista dos Bulls escollerá para a gloria a quen saiba aloumiñar a súa pel de cemento. |
A xornada de Pol deixou a
Clasificación Individual Absoluta con poucas variacións nos seus
postos de podio, xa que as diferenzas entre os palanadores foron
mínimas. Por conseguinte, a xornada de Remourelle vai dictar
sentenza. Se analizamos as características da pista de Remourelle e
os resultados da temporada pasada neste campo, podemos afirmar que os
favoritos son os xogadores de Billardeiros, visto que, o ano pasado,
Rubén Fernández conseguiu a vitoria co pleno de puntos, Manu
Pozo, con 24 e Daniel, cos mesmos puntos, foron segundo e
terceiro respectivamente. Ademais, os Billardeiros coñecen á
perfección a superficie de cemento de Remourelle dado que xogan con
certa asiduidade nela. De aí que pensemos que Charli vai
xogar en territorio hostil e deberá ter o brazo máis preciso ca
nunca. Ora ben, o de Ponte de Outeiro ten unha zurda temida polos de
Ribadeo, que non as teñen todas consigo, sobre todo porque nesta
última xornada non haberá sorteo de grupos, senón que se
confeccionarán segundo a posición que ocupan os xogadores na
clasificación. Ou sexa, irán para o grupo 1 os primeiros
clasificados, para o 2 os seguintes na clasificación e así
sucesivamente ata completar os 6 grupos. Tomás e Santi
están demasiado lonxe como para optar ao podio e demasiado lonxe de
quedar fóra do Play Off, polo tanto, poderán xogar sen presión e,
se cadra, axudar ao seu compañeiro. Outros que tamén van xogar
relaxados son Geni, Isma, Pepe Outeiro e Pepe
Vidal, que teñen a clasificación practicamente conseguida.

TOMAS | CAR | 173 |
SANTI | CAR | 170 |
GENI | BIL | 165 |
ISMA | CAR | 163 |
PEPE OUTEIRO | CHA | 163 |
PEPE VIDAL | CHA | 162 |
A partir de aquí, a
clasificación aprétase. Tanto Regueiro, coma Franco e
Rubén están nos 150 puntos e aínda así non están
tranquilos. O mesmo lle sucede a Markytos e Juan,
que están a un punto do límite. Por suposto que a razón
pola cal están preocupados é de peso, pois están fóra dos postos
de Play Off palanadores do nivel de Suso Coedo, Alvariño,
Jorge Galdo, Luís Ares, Hervy, Noé,
Cortón e Sachas. Todos a 6 puntos ou menos da
clasificación, excepto Sachas que está a 10 puntos.

REGUEIRO | TRA | 155 |
FRANCO | BIL | 154 |
RUBEN | CHA | 150 |
MARKYTOS | BIL | 146 |
JUAN | BIL | 146 |
SUSO COEDO | BIL | 145 |
ALVARIÑO | POL | 145 |
JORGE GALDO | EKI | 145 |
LUIS ARES | CHA | 141 |
HERVY | POL | 141 |
NOE | TRA | 140 |
CORTON | CHA | 140 |
SACHAS | TRA | 136 |