Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

1º CAMPO DE BILLARDA DO MUNDO. OS SECRETOS

   Faltan 48 horas para o acontecemento mundial desta fin de semana e xa temos imaxes dos traballos.
    
Coche do enxeñeiro do Concello de Poio autor do proxecto do 1º campo de billarda do mundo

Marcas da distancia á que debe estar situado o varal

Material de obra para perforar os buracos onde irán enraizados os varais
   Despois da Torre de
Hércules, despois das Termas de Ourense, despois da Muralla de Lugo,
despois da Ponte da Barca, despois da Catedral de Santiago e despois
do Estadio de Balaídos, ningunha outra construción de tal
complexidade foi artellada no noso territorio con tanta rapidez e
eficacia como o REIBOA BILLARDA AREA ESTADIO.
   A 48 HORAS da súa
inauguración, os operarios e operarias do concello de Poio, co
asesoramento do GRECA (Grupo de Enxeñería Civil Armadiña), están
ultimando os detalles para que o día 8 de abril as obras estean
rematadas. As características do AREA ESTADIO son as dun Campo
Olímpico de Billarda, ou sexa, 2 pistas de 50 metros de lonxitude
por 15 de ancho, cun varal cada unha.
“Unha vez que sexa
inaugurado quedará a disposición de calquera persoa e equipo que
queira utilizalo para adestrar e, tamén, para organizar xornadas de
LNB e Torneos Abertos de Billarda”
, afirman desde o equipo
Armadiña. Este equipo será o primeiro da LNB en ter campo propio.
   Ao ser o primeiro
Campo de Billarda do mundo será unha referencia ineludible para quen
queira seguir creando espazos públicos de lecer dirixidos aos xogos
e deportes tradicionais. Ademais, de paneis informativos sobre como se xoga á billarda, haberá material de xogo á disposición de calquera
usuaria/o da instalación.
   Na inauguración descubrirase unha pedra elaborada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, ubicada en Poio. Esta pedra quedará chantada como excálibur do deporte nacional galego: a billarda. 
EQUIPO DE INVESTIGACIÓN LNB
   Ademais, o noso equipo de investigación conseguiu en primicia mundial as fotos das cores dos varais e a lenda que imprimiron na pedra os canterios de Poio. Se se filtraron as cores do coche de Fernando Alonso …
O noso equipo de investigación arriscouse, mais o obxectivo pagaba a pena, ensinar ao mundo as cores dos varais que moverá o vento do Atlántico xa para sempre, como sinal inequívoco do espírito do deporte galego

Finalmente, as cores dos varais son as do noso país. A outras dúas  opcións baralladas, a de incluír a cor verde ou a vermella, non foron estimadas.

Aquí está a consigna que ilustrará os libros de historia do deporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *