PRIMEIRO ESTADIO DE BILLARDA DO MUNDO
A 75 horas da inauguración do primeiro campo de billarda do mundo así están as obras: o superficie está preparada, mais os varais aínda non. Ou sexa, o 50% da obra está rematada. Se Brasil foi quen de finalizar todas as infraestruturas para a Olimpiada 2016, tamén Armadiña e o Concello de Poio o farán.
![]() |
Estado do REIBOA BILLARDA AREA ESTADIO a 75 horas da súa inauguración |
Na foto de abaixo vemos unha pintura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao na cal se fundamentou a LNB para confeccionar os campos para xogar á billarda. Este primeiro Area Estadio segue este modelo marcado nos anos 20 do século pasado polo pintor de Rianxo. Aseguran desde Armadiña que “a herba medrará…, cando medre. Sementada está”.
![]() |
Terra de montaña ca. 1922-29. Técnica mixta s/ papel. Museo de Pontevedra |