Mércores, Decembro 11, 2024
Sin categoría

CONFERENCIA NOROESTE 9ª XORNADA

PARTICIPACIÓN 
46

7 MULLERES
39 HOMES
   A Conferencia Noroeste segue en alza. Desde o outono do 2007, momento de creación da Conferencia, só se alcanzara unha vez esta cifra tan elevada de participación como a desta xornada 9 en Cambre. Foi o 26 de marzo de 2011, na 6ª xornada celebrada en Cerceda. Podedes encontrar a información neste enlace:

 

Xulio Ponte (Campo da Feira. Paiosaco). Ao fondo un espectador.

 

   A xornada de Cambre tivo un impacto social brutal na zona, pois ao ser un lugar de paseo de veciños e veciñas de Cambre houbo momentos que a pista de xogo (campo de fútbol sala) estaba rodeada de curiosas e curiosos que se preguntaban como se chamaba o xogo, e outras moitas persoas comentaban “nós non xogabamos así”. Certo que as condicións de xogo non foron as máis cómodas para os competidores e competidoras, mais ás veces hai que priorizar obxectivos e neste caso priorizouse a repercusión social que se quere conseguir levando a LNB a concellos, parroquias e lugares que non saben que a billarda está viva. 
Oscar Cambón e Marc, detrás deles Mariña e Carmela. 
   A participación infantil estase consolidando e iso é unha nova marabillosa para a LNB. É a primeira temporada desde o 2007 na que a Conferencia Noroeste conta cun grupo de nenos e nenas que acuden regularmente a xogar. O que están conseguindo estas persoas que organizan, divulgan e facilitan que se poida xogar á billarda na Provincia da Coruña, é algo fantástico. 
Berdillo entregando o trofeo ao segundo clasificado EDUARDO GARCÍA (Campo da Feira)
   No aspecto competitivo salientar a gran actuación de Eduardo de Campo da Feira de Paiosaco, quen conseguiu por vez primeira subir ao podio. Antes da final, incluso se lle insistiu para que pasara o control para detectar substancias prohibidas que melloran o rendemento, xa que era impensable antes de empezar que estivese entre os mellores. Por suposto, Eduardo negouse a pasar tal control e simplemente afirmou que non necesitaba inxerir nada, pois seica de neno caeu nun bocoi cheo de sidra e ata que o sacaron pasou 5 minutos en apnea. Debemos lembrar que na pista de Cambre estaban 2 xogadores que foron Coroceiros Nacionais e  3 que foron Campións Nacionais na especialidade de Varados, ademais do actual subcampión Nacional LNB. Máis mérito para o deportivista. 
CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
XANLÚA DE FORZASANXENXO
EDUARDOCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
LUÍS CAMIÑAGHARABOTOMARÍN
CATEGORÍA EQUIPOS
CAMPO DA FEIRAPAIOSACO
LÚA DE FORZASANXENXO
COCHIKEIROSA LARACHA

 

A inexperiencia de Eduardo fai que non saiba comportarse na foto do podio e utilice a billarda para simular un falo. Que pouco respecto cara aos seus compañeiros! Esperamos que na seguinte vez que suba a un podio (… ???) sexa educado.

   Alguén comentaba que a xornada 9ª de Cambre estaba catalogada de Master 1000 debido á calidade dos/das participantes. Houbo xogadores/as da Conferencia Norleste e da Conferencia Rías Baixas, o que tinguiu de colorido o campo de xogo, sobre todo de cor verde.

Carmela (Croa do Castro. Malpica). Mala colocación do xuíz de campo, que debería estar detrás da xogadora.

Dilan (APB Santa Marca. A Laracha). Xuíz de campo correctamente situado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *