CALENDARIO DE VERÁN 2016
Despois do PLAY OFF 2016 e da celebración dos TAB da FILLOA de Muimenta e o ABIERTU PITU CALEYA de Piarnu rematouse a temporada 2015-2016.
Sen solución de continuidade xa está aquí a pretemporada 2016-2017 que comeza este domingo con dous TAB de moita tradición como son o FOLK IN RÍO e o INTERPARROQUIAL por equipos AÑO MOURO. O primeiro celebrarase en Touro (A Coruña) e o segundo en Ribadeo (Lugo).
E xa están programados os primeiros TAB na provincia de Pontevedra, que se disputarán a fin de semana do 9 e 10 de xullo.
Xa se pode consultar o calendario de
TAB (Torneos Abertos de Billarda)
deste verán 2016.
![]() |
INTERPARROQUIAL POR EQUIPOS DOMINGO 19 XUÑO SAN MIGUEL DE REINANTE (BARREIROS-LUGO) |