A COROZA NACIONAL DA LNB ESTÁ PREPARÁNDOSE PARA RESISTIR Á CHOIVA.
Ben certo que unha das funcións ancestrais desta vestimenta é resgardar do líquido elemento e, deste xeito, non interromper os labores agrícolas.
Leva dúas semanas pasando día e noite pendurada dun lobio para aclimatarse á humidade da nosa atmosfera.
Vestir este tótem da billarda durante uns minutos protexe das malas enerxías durante un ano, segundo investigacións do departamento de Psicoloxía Social da USC.