9ª XOR CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 16 xaneiro DEIRO-VILANOVA DE AROUSA
PARTICIPACIÓN
70
22 MULLERES
48 HOMES
![]() |
| CHARRI (Corredoiras Sur) |
![]() |
| ELENA (Gharaboto) |
Unha tarde espléndida de sol do Salnés e un campo coa herba en perfecto estado para a práctica da billarda. Aínda así, houbo xogadores e xogadoras que tiveron dificultades para facer saltar as billardas. Ao xogar en 6 campos rematouse con luz solar suficiente para absorver uns raios durante o terceiro tempo. O ganador absoluto foi LITO de Corredoiras Rías que contra todo pronóstico ganoulle na final a tres a Andrés de Lúa de Forza e ao Coroceiro Nacional, Ricar.
A xogada curiosa, inverosimil, única e que dificilmente se volverá repetir; sucedeu cando o Coroceiro tiña a billarda situada no punto que delimita a liña de fondo e a liña de banda. Xa entrara Lito e se el metía a billarda polo varal tiñan que ir ao desempate. Pois, veredes que foi real. Ricar doulle un golpe forte á billarda que saltou moito, mais tivo que golpela de revés para intentar que entrase. A billarda golpeada polo Coroceiro impactou nun dos postes do varal, despois foi percorrendo a liña ata bater no outro dos postes do varal para quedarse a centímetros da entrada.![]() |
| FREIJEIRO (Os de Torres) |
LITO
(CORREDOIRAS RÍAS)
BUEU



