Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

ALL STARS 2015 LNB

PARTICIPACIÓN
40

HOMES
31
MULLERES
9

Houbo participación das 4 Conferencias Galegas e máis de palanadores que formaron parte da Conferencia Centro e que este ano tomáronse un descanso: Furabolos, Trouleiros e Xogos Tradicionais. Tamén, houbo a participación dun rapaz local. En total participaron 40 persoas.

ABERTO 
1º-XAN (RÍAS BAIXAS) 
2º-LUÍS CAMIÑA (RÍAS BAIXAS)
DANI (RÍAS BAIXAS)
CRIS (RÍAS BAIXAS)

MATES 
L CAMIÑA (RÍAS BAIXAS). 
Luís ganou co mate chamado CASTELLS, que importou de Barcelona e estivo preparando durante tres semanas. Beneficiouno que outro dos mates favoritos MARIANO RAJOY non acabase de completarse coa entrada da billarda varal, xa que esta bateu no poste.
VARADOS 
JUANMA (RÍAS BAIXAS). 
Na especialidade de VARADOS producíuse unha pequena sorpresa, xa que JUANMA CAMIÑA de 12 anos conseguiu lanzar máis lonxe que IVÁN LÓPEZ, que CHE, que DANI RINO, que L.CAMIÑA, que PEPE COLLAZO, que XAN, que GELÍN, que BASILIO, que TOÑO, que ALBINO, que BERDILLO, que VIQUEIRA, etc. En definitiva, grandes varadores quedaron superados polo cativo, que é outra das promesas emerxentes da LNB, como o ano pasado o foi BRAIS do equipo de BUEU. Dous pícaros nacidos no século XXI. 
TRIPLAS 
SALVA (SUR)
Salva de Bueu tamén rompeu todos os pronósticos. Este palanador da franquicia de Bueu, empezou esta temporada a xogar na LNB e xa está a altura dos máis grandes. Un palanador que apenas chegou á vintena de anos e xa pula por romper as sólidas columnas dos veteranos. 
PARABÉNS A TODOS E TODAS! 
Para que queira enterrar a LNB, que saiba que é unha semente!
PRAZAS DE ALL STARS 2015 
PARA PARTICIPAR DIRECTAMENTE NO PLAY OFF NACIONAL 2015
PRAZAS EN PROPIEDADE
1ª-XAN
2ª-LUÍS CAMIÑA
A ORDE DE PREFERENCIA A ESTAS PRAZAS no caso que os que teñan a propiedade das prazas se clasifiquen na súa correspondente Conferencia saltaría á lista de espera, respectando a orde da mesma. 
LISTA DE ESPERA
1º-DANIEL (Rías Baixas)
2º-CRIS (Rías Baixas)
3º-GELÍN (Rías Baixas)
4º-GUERRA
5º-BERDILLO (Noroeste)
6º-BASILIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *