VARADO: GOLPE DECISIVO
O 28 ABRIL 2012 fíxose o VARADO 1000 da historia da LNB. Foi na Conferencia Centro e no PAVILLÓN de O PINO. Aínda non dous anos despois, FEBREIRO 2014, xa se levan conseguidos 1807 VARADOS. Ou sexa, faltan 193 varados para chegar aos 2000.
Desde o ano 2005, no que empezou esta maravillosa aventura chamada LNB, pasaron 7 anos antes de chegar ao millar de VARADOS. Agora en 2 anos estamos preto de conseguir o segundo millar. Aumento de número de xogadores e xogadoras, utilización de pavillóns, mellora na calidade do material e tecnificación dos palanadores e palanadoras poden ser algunas das causas desta progresión extraordinaria.
En que conferencia se conseguirá e quen será o escollido ou a escollida?
Saberémolo antes de maio?
Probablemente, si o saberemos, se as previsións son acertadas. As estatísticas din que a media de varados por xornada LNB é 10. Daquela, necesitaremos 19 xornadas. Faltan 25 xornadas, entón…
O Record absoluto de número de varados nunha xornada estaba en 33 VARADOS, conseguidos na conferencia SUR na 4ª xor da temporada 2011-2012. Mais, o outro día, 1 de febrero de 2014, lográronse facer 36 VARADOS. Foi no pavillón de MEIRA, durante a 7ª xornada da Conferencia Norleste. Un record que durou 2 anos. Canto durará este novo record?