Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

LNB en acción

Esta próxima fin de semana van ter lugar
dous acontecementos fundamentais para a consolidación da LNB. O
primeiro é a celebración da 8ª COPA CANTÁBRICA. Foi o 24 setembro de
2006 cando os equipos cántabro e galaico se enfrontaron por vez primeira
en Piyarnu (Castrillón).
Esta foi a aliñación de Galicia: Bixi, Ginés, Calvete (+), Carmiña, Toño, Teresa, Vicente, Ana de Lourenzá, Sevando, Ana , Xermán e Ismael.
O resultado final foi 27-21 para o combinado galego. 
Este vindeiro 30 de novembro en Piedras Blancas (Castrillón) celebrarase un novo enfrontamento.
Outro dos acontecementos salientables é a presenza da LNB en CULTURGAL. Durante os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro a LNB vai estar presente cun stand nesta feira das culturas. Así, o stand estará cuberto de símbolos da LNB, como o seu logo, os logos de todos os equipos que participan este ano, haberá camisetas dalgún dos equipos, fotos, vídeos, e o glorioso trofeo que cada ano obtén coroceiro/a nacional co nome dos campións nas 6 edicións do PLAY OFF NACIONAL de BILLARDA. Ademais, haberá trípticos informativos para que os visitantes e as visitantes poidan levar. Nestes hai referencias á LNB ao mesmo tempo que datos sobre os contactos de cada conferencia para quen queira participar na LNB.
Culturgal é unha oportunidade única para que moita xente saiba da existencia da LNB e coñeza que actividades realiza. Fóra da influencia dos nosos blogs e facebooks habitan o resto dos mortais que utilizan os medios dixitais, pero non nos coñecen, e, tamén, viven os que non os manexan tanto. Entón, a través da información gráfica que imos ter a disposición dos visitantes, a LNB poderá chegar a moitos ollos e cabezas totalmente ignorantes da nosa existencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *