Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

LNB EN OURENSE

O sábado 22 xuño a LNB participou en LUDARIA, Festival europeo de xogos e deportes tradicionais, que por vez primeira se celebrou no noso país. Nun aberto internacional disputado na Alameda de Ourense impúxose ARAUJO (Chave Ourense). A participación do equipo de Lippa Verona doulle este caracter internacional ao ABERTO. 
PARTICIPACIÓN
35

HOMES
28

MULLERES
7

1º-ARAUJO (2º da fila de arriba empezando pola dereita)
2º-GERARDO (1º da fila de abaixo empezando pola esquerda)
3º-CHEMA (1º da fila de abaixo empezando pola dereita)

Todos os participantes eran xogadores e xogadoras de fóra da LNB. Pode que este aberto quede para a historia como a semente da CONFERENCIA OURENSE. Estase preparando a futura chegada da LNB ao territorio SURESTE de Galicia. Superar este desafío sería completar a espiral que naceu en outono de 2003 con epicentro na Mariña. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *