Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

SISTEMA DE COMPETICIÓN PLAY-OFF LNB 2013

    Sistema de
    competición: categoría FEMININA
  • 4 grupos, de 6-7 xogadoras.
  • 4 campos.
  • 1 grupo por campo.
  • Puntuación 4-3-2-1-0.
  • Fase de grupos: 3
    carreiras. Calquera desempate para pasar de grupo a un golpe, por
    orde inversa á da última carreira. Pasarán 4 de cada grupo aos
    dezaseisavos de final.
  • Cadro
    final
    :
    despois enfrontamentos individuais á mellor de 2 carreiras.
    Desempate a unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe,
    golpeando pola orde inversa á da última carreira xogada.
  • Haberá disputa do 3º e 4º
    posto. Será á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha carreira,
    se persiste a un golpe, por orde inversa á da última carreira
    xogada.
  • A final será á mellor de
    3 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe,
    por orde inversa á da última carreira xogada.
    Como
    se formarán os grupos da 1ª fase
    :
    categoría FEMININA
  • as primeiras e segundas de
    cada conferencia serán cabezas de grupo. Deste xeito, cada 1ª irá
    a un grupo diferente. Un dos grupos terá dúas primeiras. As
    segundas repartiranse entre os outros 3 grupos onde non haxa dúas
    primeiras de conferencia. As demais integrantes de cada grupo serán
    incluidos neles ao chou.
  • Nun recipiente colócanse 5
    papeis co nome das 5 CAMPIOAS de conferencia. Noutro colócanse 5
    papeis co nome das 5 segundas de conferencia. Primeiro sácanse un a
    un todos os papeis do recipiente onde están as 1ª, que se irán
    asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un a un
    todos os papeis do recipiente onde están as 2ª, e procederase de
    igual xeito. As demais integrantes de cada grupo serán incluidas
    neles ao chou.

    Sistema de
    competición: categoría EQUIPOS

  • Faranse 6 grupos de 11
    xogadores/as, un de cada equipo. (6 xogadores/as por equipo)
  • Xogarase en 3 campos.
  • 2 grupos por campo.
  • 3 carreiras por grupo.
    Puntuación: 5-4-3-2-1-0
  • Sortearase
    a letra que levará cada equipo para saber a orde de lanzamento en
    cada grupo. Nun recipiente
    colócanse 11 papeis co nome dos
    11 equipos clasificados. Noutro colócanse 11 papeis co nome das
    letras desde a A ata a L. Vaise sacando alternativamente un papel de
    cada recipiente.
  • Cada
    equipo traerá a súa aliñación. Nesta aliñación asignará un
    número a cada integrante do seu equipo. Os que teñan desde o
    número 1 ao 6 serán os que comecen a competición. O resto serán
    os cambios. Entregará esta aliñación na mesa de organización.
    Pódense facer os cambios que se queiran, mais cos seguintes
    condicionantes: cada xogador/a sustituído/a non poderá xogar
    noutro grupo diferente ao que lle correspondeu. Cada xogador que
    sustitúe a outro/a sempre terá que xogar no mesmo grupo no cal
    fixo a sustitución. Ou sexa, non se poderá xogar en diferentes
    grupos un mesmo/a xogador/a.
  • Se
    algún equipo compite con 5 xogadores/as, pois no grupo que lle
    correspondese xogar ao dorsal 6, poñamos por caso, ese equipo non
    presentará competidor/a. Que son 4, pois no grupo que lle
    correspondese xogar ao 5 e ao 6 non competirá ese equipo. En
    definitiva, só puntuarán o número de xogadores/as que presente
    cada equipo.
  • Algún
    equipo que non dispoña para ese día de 6 xogadores/as poderá
    fichar
    a alguén que non teña xogado con outro equipo da LNB
    nesta tempada 2011-2012. Só ata completar 6.
  • No
    caso de empate na puntuación final. O xogador co número 1 de cada
    un dos equipos empatados dará un golpe e quen lance a billarda máis
    lonxe sera o ganador. A orde de lanzamento decidirase por sorteo.
    Haberá que desempatar para calquera dos postos, desde o 1º ata o
    11º.

  

Sistema de
competición: categoría VARADOS

  • 2 grupos de 7 e 2 grupos de 8. (30 xogadores)
  • 4 campos.
  • 1 grupo en cada campo.
  • 1ª quenda de lanzamentos.
    5 lanzamentos cada xogador desde a distancia regulamentaria do
    campo.
  • Se despois desta 1ª quenda
    de lanzamentos ninguén consigue facer algún varado avanzarase a
    liña de saída 10 metros. Se varios xogadores fan o mesmo número
    de varados, estes farán 3 lanzamentos máis cada un para
    desempatar. Se continúa o empate, avanzarán a liña 10 metros máis
    e farán 1 lanzamento cada un ata que un dos dous faga varado e o
    outro non. Se despois de 3 lanzamentos continúa o empate avanzarase
    5 metros e procederase de igual xeito.
  • 2ª quenda de lanzamentos.
    Outros 5 lanzamentos cada xogador. Se continúa o empate a ningún
    varado avanzarase a liña de saída 5 metros máis. Se varios
    palanadores fan o mesmo número de varados, estes farán 3
    lanzamentos máis cada un para desempatar. Se continúa o empate,
    farán 1 lanzamento cada un ata que un dos dous faga varado e o
    outro non. Se despois de 3 lanzamentos continúa o empate avanzarase
    5 metros e procederase de igual xeito.
    Sistema de
    competición: categoría individual ABSOLUTA

  • 8 grupos de 8-9
    xogadores/as.
  • 4 campos.
  • 2 grupos por campo.
  • Puntuación 4-3-2-1-0.
  • Fase de grupos: 3
    carreiras. Pasan os 4 primeiros de cada grupo. En caso de empate,
    dase un golpe de desempate, por orde inversa á da última carreira
    xogada.
  • Cadro final: despois
    enfrontamentos individuais ao mellor de 2 carreiras. Desempate a
    unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe, golpeando por orde
    inversa á da última carreira.
  • Haberá disputa do 3º e 4º
    posto. Será ao/á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha
    carreira, se persiste a un golpe, por orde inversa á da última
    carreira xogada.
  • A final será ao/á mellor
    de 3 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe,
    por orde inversa á da última carreira xogada.
    Como
    se formarán os grupos da 1ª fase
    :
    INDIVIDUAL ABSOLUTA
  • os primeiros e segundos de
    cada conferencia serán cabezas de grupo. Deste xeito, cada 1º irá
    a un grupo diferente. Os 2º non irán a ningún grupo onde haxa un
    1º, deste xeito haberá 2 grupos onde coincidan dous 2º. Os demais
    integrantes de cada grupo serán incluidos neles ao chou.
  • Nun recipiente colócanse 5
    papeis co nome dos 5 CAMPIÓNS de conferencia. Noutro colócanse 5
    papeis co nome dos 5 segundos de cada conferencia. Primeiro sácanse
    un a un todos os papeis do recipiente onde están os 1º, que se
    irán asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un
    a un todos os papeis do recipiente onde están os 2º, e procederase
    de igual xeito.

    Organización

  • Delegado/a.
    Cada conferencia terá un/unha. Así, teremos 5 persoas que se
    encargarán de presentar por escrito o listado de xogadores/as que
    participarán na categoría individual ABSOLUTA e FEMININA, e na
    categoría de VARADOS. Ademais, cada equipo que participe na final
    desta categoría terá un capitán/á que presentará a aliñación
    por escrito.
  • Mesa
    de organización
    . Estará
    formado por unha ou dúas persoa de cada conferencia. Esta mesa será a
    encargada de:
      • realizar os sorteos para
        a confección dos diferentes grupos.
      • Cubrir as actas de
        competición nas diferentes categorías.
      • Designar aos/ás
        xuíces/zas (1 xuíz/a de pista e 1 xuíz/a de varal).
      • Supervisar que o material
        de xogo cumpra as medidas establecidas.
      • Resolver toda incidencia
        relacionada coa competición.

Un comentario en «SISTEMA DE COMPETICIÓN PLAY-OFF LNB 2013»

  • na categoría feminina se pasa 4 de cada grupo, serán un total de dezaseis para a fase de cadros, polo que se xogarán oitavos de final, non dezaseisavos como figura no sistema de competición

    Resposta

Deixa una resposta a Anónimo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *