SISTEMA DE COMPETICIÓN PLAY-OFF LNB 2013
- 4 grupos, de 6-7 xogadoras.
- 4 campos.
- 1 grupo por campo.
- Puntuación 4-3-2-1-0.
- Fase de grupos: 3
carreiras. Calquera desempate para pasar de grupo a un golpe, por
orde inversa á da última carreira. Pasarán 4 de cada grupo aos
dezaseisavos de final. - Cadro
final:
despois enfrontamentos individuais á mellor de 2 carreiras.
Desempate a unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe,
golpeando pola orde inversa á da última carreira xogada. - Haberá disputa do 3º e 4º
posto. Será á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha carreira,
se persiste a un golpe, por orde inversa á da última carreira
xogada. - A final será á mellor de
3 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe,
por orde inversa á da última carreira xogada.
Sistema de
competición: categoría FEMININA
competición: categoría FEMININA
Como
se formarán os grupos da 1ª fase:
categoría FEMININA
se formarán os grupos da 1ª fase:
categoría FEMININA
- as primeiras e segundas de
cada conferencia serán cabezas de grupo. Deste xeito, cada 1ª irá
a un grupo diferente. Un dos grupos terá dúas primeiras. As
segundas repartiranse entre os outros 3 grupos onde non haxa dúas
primeiras de conferencia. As demais integrantes de cada grupo serán
incluidos neles ao chou. - Nun recipiente colócanse 5
papeis co nome das 5 CAMPIOAS de conferencia. Noutro colócanse 5
papeis co nome das 5 segundas de conferencia. Primeiro sácanse un a
un todos os papeis do recipiente onde están as 1ª, que se irán
asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un a un
todos os papeis do recipiente onde están as 2ª, e procederase de
igual xeito. As demais integrantes de cada grupo serán incluidas
neles ao chou.Sistema de
competición: categoría EQUIPOS
- Faranse 6 grupos de 11
xogadores/as, un de cada equipo. (6 xogadores/as por equipo) - Xogarase en 3 campos.
- 2 grupos por campo.
- 3 carreiras por grupo.
Puntuación: 5-4-3-2-1-0 - Sortearase
a letra que levará cada equipo para saber a orde de lanzamento en
cada grupo. Nun recipiente colócanse 11 papeis co nome dos
11 equipos clasificados. Noutro colócanse 11 papeis co nome das
letras desde a A ata a L. Vaise sacando alternativamente un papel de
cada recipiente. - Cada
equipo traerá a súa aliñación. Nesta aliñación asignará un
número a cada integrante do seu equipo. Os que teñan desde o
número 1 ao 6 serán os que comecen a competición. O resto serán
os cambios. Entregará esta aliñación na mesa de organización.
Pódense facer os cambios que se queiran, mais cos seguintes
condicionantes: cada xogador/a sustituído/a non poderá xogar
noutro grupo diferente ao que lle correspondeu. Cada xogador que
sustitúe a outro/a sempre terá que xogar no mesmo grupo no cal
fixo a sustitución. Ou sexa, non se poderá xogar en diferentes
grupos un mesmo/a xogador/a. - Se
algún equipo compite con 5 xogadores/as, pois no grupo que lle
correspondese xogar ao dorsal 6, poñamos por caso, ese equipo non
presentará competidor/a. Que son 4, pois no grupo que lle
correspondese xogar ao 5 e ao 6 non competirá ese equipo. En
definitiva, só puntuarán o número de xogadores/as que presente
cada equipo. - Algún
equipo que non dispoña para ese día de 6 xogadores/as poderá
fichar a alguén que non teña xogado con outro equipo da LNB
nesta tempada 2011-2012. Só ata completar 6. - No
caso de empate na puntuación final. O xogador co número 1 de cada
un dos equipos empatados dará un golpe e quen lance a billarda máis
lonxe sera o ganador. A orde de lanzamento decidirase por sorteo.
Haberá que desempatar para calquera dos postos, desde o 1º ata o
11º.
Sistema de
competición: categoría VARADOS
competición: categoría VARADOS
- 2 grupos de 7 e 2 grupos de 8. (30 xogadores)
- 4 campos.
- 1 grupo en cada campo.
- 1ª quenda de lanzamentos.
5 lanzamentos cada xogador desde a distancia regulamentaria do
campo. - Se despois desta 1ª quenda
de lanzamentos ninguén consigue facer algún varado avanzarase a
liña de saída 10 metros. Se varios xogadores fan o mesmo número
de varados, estes farán 3 lanzamentos máis cada un para
desempatar. Se continúa o empate, avanzarán a liña 10 metros máis
e farán 1 lanzamento cada un ata que un dos dous faga varado e o
outro non. Se despois de 3 lanzamentos continúa o empate avanzarase
5 metros e procederase de igual xeito. - 2ª quenda de lanzamentos.
Outros 5 lanzamentos cada xogador. Se continúa o empate a ningún
varado avanzarase a liña de saída 5 metros máis. Se varios
palanadores fan o mesmo número de varados, estes farán 3
lanzamentos máis cada un para desempatar. Se continúa o empate,
farán 1 lanzamento cada un ata que un dos dous faga varado e o
outro non. Se despois de 3 lanzamentos continúa o empate avanzarase
5 metros e procederase de igual xeito.
- 8 grupos de 8-9
xogadores/as. - 4 campos.
- 2 grupos por campo.
- Puntuación 4-3-2-1-0.
- Fase de grupos: 3
carreiras. Pasan os 4 primeiros de cada grupo. En caso de empate,
dase un golpe de desempate, por orde inversa á da última carreira
xogada. - Cadro final: despois
enfrontamentos individuais ao mellor de 2 carreiras. Desempate a
unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe, golpeando por orde
inversa á da última carreira. - Haberá disputa do 3º e 4º
posto. Será ao/á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha
carreira, se persiste a un golpe, por orde inversa á da última
carreira xogada. - A final será ao/á mellor
de 3 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe,
por orde inversa á da última carreira xogada.
Sistema de
competición: categoría individual ABSOLUTA
competición: categoría individual ABSOLUTA
- os primeiros e segundos de
cada conferencia serán cabezas de grupo. Deste xeito, cada 1º irá
a un grupo diferente. Os 2º non irán a ningún grupo onde haxa un
1º, deste xeito haberá 2 grupos onde coincidan dous 2º. Os demais
integrantes de cada grupo serán incluidos neles ao chou. - Nun recipiente colócanse 5
papeis co nome dos 5 CAMPIÓNS de conferencia. Noutro colócanse 5
papeis co nome dos 5 segundos de cada conferencia. Primeiro sácanse
un a un todos os papeis do recipiente onde están os 1º, que se
irán asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un
a un todos os papeis do recipiente onde están os 2º, e procederase
de igual xeito.
Como
se formarán os grupos da 1ª fase:
INDIVIDUAL ABSOLUTA
se formarán os grupos da 1ª fase:
INDIVIDUAL ABSOLUTA
- Delegado/a.
Cada conferencia terá un/unha. Así, teremos 5 persoas que se
encargarán de presentar por escrito o listado de xogadores/as que
participarán na categoría individual ABSOLUTA e FEMININA, e na
categoría de VARADOS. Ademais, cada equipo que participe na final
desta categoría terá un capitán/á que presentará a aliñación
por escrito. - Mesa
de organización. Estará
formado por unha ou dúas persoa de cada conferencia. Esta mesa será a
encargada de:- realizar os sorteos para
a confección dos diferentes grupos. - Cubrir as actas de
competición nas diferentes categorías. - Designar aos/ás
xuíces/zas (1 xuíz/a de pista e 1 xuíz/a de varal). - Supervisar que o material
de xogo cumpra as medidas establecidas. - Resolver toda incidencia
relacionada coa competición.
Organización
na categoría feminina se pasa 4 de cada grupo, serán un total de dezaseis para a fase de cadros, polo que se xogarán oitavos de final, non dezaseisavos como figura no sistema de competición