Venres, Setembro 13, 2024
Sin categoría

Camiño do ALL STAR (2 marzo, Terra Cha), que indica o tercio final da liga, os datos de participación indican que un total de 332 persoas xogaron á billarda baixo o formato LNB ata o mes de febreiro 2013.
 
Moitas máis son as persoas que participaron en algún dos abertos que a LNB organizou dentro e fóra do territorio galego ao longo de 2012 e 2013. En definitiva, a difusión deste xogo está sendo imparable. Nenos e nenas, mozas e mozos, adultos e demais idades do ser humano están xogando con nós.
 
MAGNÍFICO!
 
Esta acción de posta en valor dun dos xogos tradicionais da nosa terra, nacida a finais do 2003 está chegando ao seu 10 aniversario. Certo, aínda está en primaria, mais que futuro maravilloso lle espera!
 
Ánimo a todas e todos para continuar.
 
 
TOTAL LNB
332
XOGADORES
250
XOGADORAS
82

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *