Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

I CIRCUITO DE VERÁN. CHAQUETA LNB. RESULTADOS

PARTICIPANTES 36 
MULLERES 13 
HOMES 23
1º-XAN
2º-RUBÉN LÓPEZ
3º-LUÍS CAMIÑA
4º-BASILIO
5º-HUGO
6º-GELÍN
7º-REYES
8º-CRISTIAN

Ás 12 horas empezou o concurso de triplas, despois o de varados. O concurso de triplas consistía en golpear 12 billardas coa intención de que superasen o varal. Estaban situadas a diferentes distancias e en lugares diferentes. Unhas no centro da pista, outras nas beiras e outras na liña de fondo. Cada participantes tiña 1 minuto para golpear. Ganou Xan con 6 billardas que superaron o varal.
O concurso de varados consistía en que cada participante golpeara 5 billardas situadas na liña de saída do campo. O ganador foi Gelín con 2 varados.
Como aínda quedaba algo de tempo para poder sentarse a comer, decidiuse facer un enfrontamento NORTE-SUR. E fíxose. O resultado foi de 36-34 para o NORTE.
Despois pasamos ao restaurante, onde cada quen se responsabilizou dunha zona da mesa, duns cubertos e duns alimentos. Aí os resultados foros outros. 
Ás 17 horas comezamos a xogar o ABERTO DO FOUCIÑO DE OURO, 4º aberto puntuable para a CHAQUETA LNB. 36 participantes e un ambiente moi agradable.
Ao rematar a entrega de premios houbo unha ceremonia de clausura, tamén chamada nesta terra FOLIADA. Nela participaron gaiteiros e gaiteiras, pandereteiros e pandereteiras, tamborileiros e tamborileiras de toda Galicia. En definitiva, un día de convivencia magnífico. Grazas a todas e todos por facer da billarda un lugar de encontro e intercambio social e cultural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *