Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012

Sistema de competición: categoría por equipos

Faranse 6 grupos de 10 xogadores/as, un de cada equipo. Xogarase en 3 campos. 2 grupos por campo.
3 carreiras por grupo. Puntuación: 4-3-2-1-0
Sortearase a letra que levará cada equipo para saber a orde de lanzamento en cada grupo. Nunha copa ou ensaladeira de cristal colócanse 10 papeis co nome dos 10 equipos clasificados. Noutra ensaladeira colócanse 10 papeis co nome das letras desde a A ata a K. Vaise sacando alternativamente un papel de cada recipiente.
Cada equipo traerá a súa aliñación. Nesta aliñación asignará un número a cada integrante do seu equipo. Os que teñan desde o número 1 ao 6 serán os que comecen a competición. O resto serán os cambios. Entregará esta aliñación na mesa de organización nun sobre cerrado. Abriranse todos ao mesmo tempo e non se poderá cambiar o número asignado a cada xogador/a. Podense facer os cambios que se queiran, mais cos seguintes condicionantes: cada xogador/a sustituído non poderá xogar noutro grupo diferente ao que lle correspondeu. Cada xogador que sustitúe a outro/a sempre terá que xogar no mesmo grupo, no cal fixo a sustitución. Ou sexa, non se poderá xogar en diferentes grupos un mesmo/a xogador/a.
Se algún equipo compite con 5 xogadores/as, pois no grupo que lle correspondese xogar ao dorsal 6, poñamos por caso, ese equipo non presente competidor/a. Que son 4, pois no grupo que lle correspondese xogar ao 5 e ao 6 non competirá ese equipo. En definitiva, só puntuarán o número de xogadores/as que presente cada equipo.
Algún equipo que non dispoña para ese día de 6 xogadores/as poderá fichar a alguén que non teña xogado con outro equipo da LNB nesta tempada 2011-2012. Só ata completar 6.
No caso de empate na puntuación final. O xogador co número 1 de cada un dos equipos empatados dará un golpe e quen lance a billarda máis lonxe sera o ganador. Haberá que desempatar para calquera dos postos, desde o 1º ata o 10º.

  
Sistema de competición: categoría individual

8 grupos de 8 xogadores/as. 4 campos. 2 grupos por campo. Puntuación 4-3-2-1-0.
Fase de grupos: 3 carreiras. Pasan os 4 primeiros de cada grupo. En caso de empate, dase un golpe de desempate, pola orde establecida no grupo na primeira carreira.
Despois enfrontamentos individuais ao mellor de 2 carreiras. Desempate a unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe, golpeando pola orde establecida na primeira carreira.
Desde os enfrontamentos de oitavos de final haberá disputa para establecer os postos. Así, os/as perdedores/as deben formar un grupo de 8 despois de oitavos e un grupo de 4 despois de cuartos, e dar un golpe cada un/unha pola orde establecida no cadro, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo, para definir os postos do 9º ao 16º e do 5º ao 8º .
Haberá disputa do 3º e 4º posto. Será ao/á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe, pola orde da primeira carreira.
A final será ao/á mellor de 4 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe, pola orde da primeira carreira. 

Sistema de competición: categoría feminina

4 grupos, 3 de 6 e 1 de 7. 4 campos. 1 grupo por campo. Puntuación 4-3-2-1-0.
Fase de grupos: 3 carreiras. Calquera desempate para pasar de grupo a un golpe, polo orde da primeira carreira. Pasarían 4 de cada grupo aos dezaseisavos de final.
Despois enfrontamentos individuais á mellor de 2 carreiras. Desempate a unha carreira. Se persiste, desempate a un golpe, golpeando pola orde establecida na primeira carreira.
Desde os enfrontamentos de oitavos de final haberá disputa para establecer os postos. Así, as perdedoras deben formar un grupo de 8 despois de oitavos e un grupo de 4 despois de cuartos, e dar un golpe cada unha pola orde establecida no cadro, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo, para definir os postos do 9º ao 16º e do 5º ao 8º .
Haberá disputa do 3º e 4º posto. Será á mellor de 2 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe, pola orde da primeira carreira.
A final será á mellor de 4 carreiras. O desempate a unha carreira, se persiste a un golpe, pola orde da primeira carreira.

 

Como se formarán os grupos da 1ª fase: INDIVIDUAL
1. os primeiros e segundos de cada conferencia serían cabezas de grupo. Deste xeito, cada 1º irá a un grupo diferente. Os 2º non irán a ningún grupo onde haxa un 1º, deste xeito haberá 2 grupos onde coincidan dous 2º. Os demais integrantes de cada grupo serán incluidos neles ao chou.
2. Nunha copa ou ensaladeira de cristal colócanse 6 papeis co nome dos 6 primeiros de cada conferencia. Noutra ensaladeira colócanse 6 papeis co nome dos 6 segundos de cada conferencia. Primeiro sácanse un a un todos os papeis do recipiente onde están os 1º, que se irán asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un a un todos os papeis da copa onde están os 2º, e procederase de igual xeito. 
Como se formarán os grupos da 1ª fase: categoría feminina
Nunha copa ou ensaladeira de cristal colócanse 5 papeis co nome das 5 campioas de conferencia. Noutra ensaladeira colócanse 5 papeis co nome das 5 segundas de cada conferencia. Primeiro sácanse un a un todos os papeis do recipiente onde están as 1ª, que se irán asignando ao grupo que lles corresponda. Despois sacaranse un a un todos os papeis da copa onde están as 2ª, e procederase de igual xeito. Ou sexa, dúas primeiras terán que compartir grupo. As demais integrantes de cada grupo serán incluidas neles ao chou.

 

Organización

Delegado/a. Cada conferencia terá un/unha. Así, teremos 5 persoas que se encargarán de presentar por escrito o listado de xogadores/as que participarán na categoría individual masculina e feminina, e na categoría de varados. Ademais, cada equipo que participe na final desta categoría terá un/unha capitán/a que presentará a aliñación por escrito.
Mesa de organización. Estará formado por unha persoa de cada conferencia. Terán que ser diferentes a aquelas que fagan de delegados/as e de capitáns/nas. Esta mesa será a encargada de:
realizar os sorteos para a confección dos diferentes grupos.
cubrir as actas de competición nas diferentes categorías.
Designar aos/ás xuíces/zas (1 xuíz/a de pista e 1 xuíz/a de varal).
Manexar a megafonía e a música.
Supervisar que o material de xogo cumpra as medidas establecidas.
Resolver toda incidencia relacionada coa competición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *