O VARADO 1.000 está preto
Despois de revisar correctamente e recuperar eses varados perdidos (a veces os xuíces esquecen anotar cun V de varado) xa podemos dicir que son 994 os varados transformados ata hoxe. Isto significa que o varado 1.000 con toda probabilidade será realizado nunha das dúas próximas xornadas de liga, que segundo calendario serán CONCEN e CONNOR.
J. Luis González xa ten no seu poder o Varal de amieiro. Triángulo de madeira co cal TodoLNB recoñece a aquela persoa que fixo 33 varados na historia da LNB, así como un diploma acreditativo. Conseguíuno na 10 xornada da CONNOL.
Tamén, indicar que TodoLNB leva contabilizados, desde que hai rexistro no blog de O Varal, 994 varados. Isto significa que estamos a punto de conseguir o varado nº 1000. Por suposto, TodoLNB entregaralle á persoa que o consiga un agasallo de recordo, ademais dun diploma coa sinatura dos campións galegos na modalidade de varados e dos 5 palanadores que conseguiron o Varal de Amieiro.