Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

BILLARDA ALL STAR 2012 CERCEDA

Pola mañá disputáronse as competicións de VARADOS e de MATES.

En VARADOS o sistema de competición foi que cada persoa tiña tres oportunidades para transformar un varado. Así, fixéronse dous grupos de 15 persoas e dispuxéronse en dúas pistas. Por orde de inscrición ían realizando os golpes. Un primeiro intento para todas e todos. E así ata 3.
Despois desta fase inicial BALEA e mais MARCOS, conseguiron 2 varados cada un. Polo que continuaron golpeando ata que un dos dous conseguiu un novo varado, que neste caso foi BALEA.

En MATES podíase competir en forma individual ou en grupo. Houbo grupos de dous e incluso un trío, que finalmente foi o ganador (Iván-Toño-Xan). O xurado estaba formado por dúas persoas que valoraron a orixinalidade, a plasticidade, a interpretación, a dificultade e, finalmente, a efectividade do mate.

Pola tarde, disputouse a modalidade de Aberto. Houbo 42 participantes. Formáronse 4 grupos, 2 de 11 e 2 de 10, dos cales pasaban á seguinte fase os 7 primeiros. A partir de aí enfrontamentos individuais. Ata chegar ás semifinais que enfrontaron a TOÑO-RUBÉN e a IVÁN-XEILA. Quedando a clasificación deste xeito
1ª XEILA
2º TOÑO
3º RUBÉN
4º IVÁN

Á hora de comer aproveitouse para charlar sobre asuntos relacionados coa final galega 2012.
-Como competir na categoría de EQUIPOS,
-se debemos seguir disputando a categoría FEMENINA ou se só se debería establecer unha categoría única para todos e todas,
-como competir na categoría INDIVIDUAL.
-como aplicar o sistema de medidas na final Galega 2012.
-trofeos que debe aportar cada conferencia á FINAL GALEGA 2012.

Tamén, antes de comezar o aberto de pola tarde miramos unha exposición audiovisual sobre datos de participación na LNB desde as súas orixes. Como foi medrando o número de persoas que xogan dentro do colectivo LNB e o número de equipos.

En definitiva, unha xornada de convivencia e xogo entre persoas que aman este deporte da billarda.

Teremos fotos en breve.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *