Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

1º TORNEO de BILLARDA “ANO BISESTO”

TodoLNB convoca o 1º torneo aberto de billarda ANO BISESTO. Será convocado, a partir deste ano 2012, cada 4 anos, ou cada vez que o mes de febreiro teña 29 días. Será ás 18 horas, en SAMIEIRA (campo de fútbol de terra) (POIO. PONTEVEDRA).
O premio será este busto africano en madeira de baobak que está ceremoniada por un gurú da tribo dos BILLARDOTUS (Senegal). Esta pequena estatua trae a prosperidade durante 4 anos ao seu, á súa posuidora. Despois deste tempo debe ser recargada nunha nova ceremonia chamánica. Deste xeito, aquel ou aquela que se leve a estatua conservaraa durante 4 anos e na próxima convocatoria do torneo ANO BISESTO (2016) debe traela e poñela en xogo de novo, por suposto, despois de ser ceremoniada de novo polo chamán africano.


Ver mapa más grande

3 comentarios en «1º TORNEO de BILLARDA “ANO BISESTO”»

    • Pode ser. Todo está en saber se Luís Camiña navegou ata o Senegal algunha vez, pois segundo o facedor da escultura en madeira, esta imaxe é a dun xefe da tribo Billardotus (sur de Senegal).
      Os seus poderes para traer a prosperidade a quen a teña están garantizados por moitos séculos de chamanismo.

      Resposta
    • Confirmado, Luís Camiña estivo en Senegal. Deus nos aparte de investigar se exerceu dereito de pernada con algunha nativa, filla dalgún xefe de tribo.

      Resposta

Deixa una resposta a TodoLNB Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *