1º TORNEO de BILLARDA “ANO BISESTO”
TodoLNB convoca o 1º torneo aberto de billarda ANO BISESTO. Será convocado, a partir deste ano 2012, cada 4 anos, ou cada vez que o mes de febreiro teña 29 días. Será ás 18 horas, en SAMIEIRA (campo de fútbol de terra) (POIO. PONTEVEDRA).
O premio será este busto africano en madeira de baobak que está ceremoniada por un gurú da tribo dos BILLARDOTUS (Senegal). Esta pequena estatua trae a prosperidade durante 4 anos ao seu, á súa posuidora. Despois deste tempo debe ser recargada nunha nova ceremonia chamánica. Deste xeito, aquel ou aquela que se leve a estatua conservaraa durante 4 anos e na próxima convocatoria do torneo ANO BISESTO (2016) debe traela e poñela en xogo de novo, por suposto, despois de ser ceremoniada de novo polo chamán africano.
Eu coñezoa, e o busto de Luis Camiña
Pode ser. Todo está en saber se Luís Camiña navegou ata o Senegal algunha vez, pois segundo o facedor da escultura en madeira, esta imaxe é a dun xefe da tribo Billardotus (sur de Senegal).
Os seus poderes para traer a prosperidade a quen a teña están garantizados por moitos séculos de chamanismo.
Confirmado, Luís Camiña estivo en Senegal. Deus nos aparte de investigar se exerceu dereito de pernada con algunha nativa, filla dalgún xefe de tribo.