Xoves, Abril 18, 2024
Sin categoría

COMEZOU A TEMPADA 2011-2012

Coa nova tempada retoma a súa actividade TODOLNB.
A primeira novidade salientable é a creación da Conferencia SALNÉS.
A segunda está no sistema de competición na Conferencia NORLESTE, que retoma un sistema xa utilizado noutros anos.

Por outra beira, en poucas semanas TODOLNB deberá entregar os seus primeiros premios, pois hai varios palanadores próximos a acadar os 33 varados.

Tamén, introducimos unha novidade nas cifras e datos que procesa este blog. O RANKING LNB establecerá unha orde a tempo real dos palanadores e palanadoras que participan na LNB. O procedemento que utilizamos é o seguinte. En cada xornada de LNB (todas as Conferencias) otorgaránse uns puntos segundo o posto ocupado (só os 16 primeiros). En caso de que ocupen o mesmo posto 2-3-4 ou máis persoas repartiranse os puntos. Así, a modo de exemplo
1º-16 ptos
2º-15 ptos
3º-14 ptos
4º-13 ptos
5º-11 ptos
6º-11 ptos
7º-11 ptos
(empate nos postos 5-6 e 7: corresponderíanlle 12, 11 e 10 ptos respectivamente, daquela sumamos eses ptos e dividimos o resultado, neste caso, entre 3. Deste xeito, 11 ptos que levarían as tres persoas)
8º-9 ptos
9º-8 ptos
10º-7 ptos
11º-6 ptos
12º-5 ptos
13º-4 ptos
14º-3 ptos
15º-2 ptos
16º-1 ptos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *